Informe HumorGz


Queríamos informar de que xa estamos traballando n@ nos@ superhéroe/heroína, que tamén o será de Galiza. Queremos que nos segas axudando neste proxecto, e que te animes a dar as túas ideas. En principio, imos crear a dous: o Home Berza e A Zenoura. O Home Berza será o superhéroe principal, xa que foi o gañador, pero estará acompañado da mellor muller da Galiza: A Zenoura, e do seu gran compañeiro, como todo superhéroe debe ter: O Repoliño.


AXÚDANOS, fainos chegar as túas ideas, os teus debuxos,… necesitamos crear aínda ao malo da peli, unha canción para o Home Berza, diferentes traxes que poden levar, a historieta, …
Que conste que as imaxes aquí expostas non teñen nada que ver co que queremos facer.