Cancións típicas galegas


Aquí expoñemos as máis típicas cancións. Ao ser unha das máis antigas culturas do planeta, enténdese que sempre poderán ir acompañadas do coñecido grito tribal galego “Lalaralalaralaaa”. Débese saber que Galiza inventou “a regeifa” que logo emigraría a América e sería traducida como Rap. Abaixo temos uns exemplos.

* “A miña casa non quero que veñas / sempre me fodes, nunca me empreñas”
: a cal remata co estribillo: “Sei que non podes,/ sei que non sabes,/ sei que perdiches/ as habilidades” ou “Sempre fodendo nunca preñando, telo carallo de contrabando”

* “Alá abaixo daquel carballo hai un vello rascando o carallo/ e se rasca, rasca ben, no carallo do vello non manda ninguén”

* “Alá abaixo na cascada había unha vella rascando a paxara / fixo ben, fixo ben, na cona da vella non manda ninguén”

* “O carallo do tio Vicente vai pola rúa fodendo na xente/ e fixo ben, no tío Vicente non manda ninguén”

* “Alá abaixo na cascada había unha vella lavando a paxara / e un vello que viña de frente cascou unha palla e morreu de repente”

* “A criada do cura de Culleredo / ten un callo na cona que mete medo”

* “Unha vella dos tempos de agora, meteu pola cona unha computadora”

Coas seguintes variacións:
tempos de Franco — pata de un banco
por falta de macho — o rabo dun sacho
tempos de antes — fixo da cona un par de tirantes
tempos de agora — meteu na cona unha computadora
tempo dos mouros — fixo da cona unha praza de touros
tempos de cristo — fixo da cona unha caixa de mistos
na era latina — tiña na cona un chalet con piscina
que era moi fina — fixo de cada teta unha cortina

E acaba decindo:”e fixo ben, fixo ben, na cona da vella non manda
ninguén”

– Outras cancións populares típicas-tópicas (fai falla unha sensibilidade exquisita):

* Non me fodas no camiño que non son unha cadela, andas cos collóns d´arrastro, énchesme a cona de terra.

* O cura da miña parroquia ten a pirola raxada, que a raxou nunha silveira cando fodía á criada.

* Hoxe morreu o carallo, os collóns están de “luto”, abre as pernas Maruxa, vou enterrar este defunto.

* Vaite lavar porcona, vaite lavar, se non che chega o río tirate ao mar.

* O outro dia fun o cine ,coa filla do alcalde, senteina na ultima fila e boteille un polvo de balde.

* Pasei pola túa porta e mirei polo ferrollo,tiñas o sirilo fóra, había bacalao de mollo.

* Pola baixada do monte redondo baixaba un home cos collóns o lombo.

* “Eu plantei garabansos na ralla do cu – nunca comín garabansos con tan boa salú”

Coa variante xeográfica:
* “Eu plantei garabansos na rejaña do cu – e saíronme fabas e comechelas tu”

* Fuche tú, fuche tú, o que fuches cagar ó palleiro, fuche tú fuche tú,
por que levas as pallas no cu.