Denuncian a desaparición dun adolescente que leva unha hora sen tuitear

O SEU ÚLTIMO TUIT, “UUUUFFFFFFFFFF #FESTAKA”, É DAS 12 DESTA MAÑÁ

A Garda Civil investiga a desaparición dun adolescente de 16 anos, veciño de Alcorcón (Madrid), tras comprobar que leva unha hora sen deixar mensaxes na súa conta de Twitter e no seu muro de Facebook. O menor foi visto por última vez na discoteca Noümeno, na que realizou deceas de fotografías que, para sorpresa dos seus amigos e familiares, aínda non comparteu nas redes sociais. As autoridades non descartan ningunha hipótesis e os pais temen que morrera porque, de encontrarse retido por uns secuestradores, “seguro que o habería tuiteado en directo”.

Os seguidores do mozo en Twitter inundaron a súa conta con mensaxes do tipo “Onde andas nen”, “Kapasao tronko”, “Tas kedao pillao o ke pisha”, “Non hiciste RT de mi video dl gato borraxo tas bien loko?”. Ningún deles recibeu resposta. O desaparecido foi visto onte ás 5 da madrugada na Gran Vía madrileña. Desprazábase facendo eses co pene fora e tarareando unha canción de Pablo Alborán no que as autoridades describen como “a actitude propia de calquera persoa de súa idade e condición”.

A última mensaxe do desaparecido en Twitter publicouse hoxe ás 12 da mañá e o seu contido, “Uuuufffffffffff #fiestaka”, non ofrece datos relevantes sobre o seu paradoiro. Centos de “tuiteiros” mostraron a súa solidaridade co desaparecido e a través da etiqueta #kapasaofermin intentan chamar a atención do muchacho e de calquera que teña algunha pista que poida axudar ás autoridades.

“É un adolescente normal, gústanlle as mozas e o pop aflamencao”

A nai do mozo asegura que o seu fillo non ten inimigos, que o seu carácter é moi afable “e ademais ten unha borracheira moi divertida”. Tras empapelar o barrio con fotografías do adolescente, a muller conectouse a Twitter e está pendente de calquera posible actualización na conta do mozo. “Pido a calquera que sepa algo sobre él que me agregue de amiga en Facebook e que, por favor, se alguén o ve nunha foto que o etiquete”, declarou aos medios.