Gastronomía galega

A cociña galega é moi elaborada. Algúns pratos típicos galegos son:

  • Caldo galego: verdura cocida con graxa rancia.
  • Cocido galego: carne e verdura cocidas.
  • Centollos: centollos cocidos.
  • Nécoras: nécoras cocidas.
  • Percebes: percebes cocidos.
  • Mexillóns, berberechos, e outros mariscos: Cóllese o molusco ou o marisco e cócese en auga fervendo.
  • Pescada cocida: prato típico do sur da Galiza, o cal nomean merlusa cosida. Consiste en cocer unha pescada como o propio nome indica.
  • Cachelos: Prato moi complicado de preparar. Cócense patacas sen quitarlles a casca.
  • Queixo de tetilla (extrañamente non vai cocido)
  • Pementos de Padrón (que uns pican e outros non, ou si, ou tal vez)
  • Polbo pulpo cocido, pero en potas de cobre.

O pan galego ten xusta fama. Faise engadindo máis auga do normal á masa, polo que ao cocelo queda diferente.

Os caldos galegos (viños  neste caso) teñen como estrela a Estrella Galicia (bandeira de Galicia/Galiza en todo o mundo, que principalmente consomen os alemáns (galegos de fora) acompañándoa do grito Fiesta Jolgorrio!; actualmente hordas lusas penetraron no Imperio atraendo a xóvenes padawans ao lado oscuro ofrecéndolles unha bebida chamada superbock, rumorease que o mestre Jedi Quintana persegueos para capturalos e torturalos facéndolles ver todos os programas de Lúar e a aprender Xunteiro como castigo por atacar a identidade do Imperio de Galicia/Galiza/Jalisa/Jalisia. Outras especialidades vitiviñícolas son:

  • O viño de Ribeiro, tamén coñecido como taza ou cunca pola súa calidade.
  • O Albariño, empregado normalmente en vodas de Letizias. O seu nome provén de Álvaro, pero galeguizado.
  • O viño do País, importado de Marte
  • A augardente, chamada así porque hai que agardar entre trago e trago.
  • A auga do mar, non é que se beba, pero hai moita.
  • A auga Fontvella, que é catalana (foron expulsados do imperio)
  • Orujo, como augardente, pero a botella vai sen etiqueta para despistar ao seu máis cruel enimigo, o Imperio Otomano.
  • Licor café, o licor máis importante de Galiza e que provoca a exaltación da amizade despois dos dos primeiros tragos.
  • A “Queimada”© ®, que é a bebida galega por excelencia TODO GALEGO TOMOU ALGUNHA VEZ NA SÚA VIDA A QUEIMADA, é un licor que se bebe quente e se fai con: augardente, grans de café, azucre e pel de limón. Cando o galego pon estos ingredentes na cazarola de barro, préndelle lume e pronuncia o famoso “Conxuro da Queimada” inculca nestos ingredentes un poder místico capaz de todo (dendemanterse “contento” toda unha noite ata facer que as mulleres parezan máis juapas, pasando por dotar ao que o beba dunha forza sobrehumana) Dise que Panoramix pediu a receta da “Queimada” ao pobo galego e a prepara co nome de “poción máxica”.

Queda terminantemente prohibido crear unha queimada sen a supervision dun galego puro con ao menos sete xeracións de ascendencia de galegos puros, os únicos capaces de conter o seu poder.

Curiosamente, moita xente que se habitua a consumir estos caldos en exceso tamén acaba cocida, polo que se suxire algún tipo de moderación, por mera precaución.