A duquesa de Alba ensinará o poto na revista “Todo Plantas”

TEN ALGUNHAS PUNTAS SECAS “PERO NON HABERÁ PHOTOSHOP”
Se non sabes o que é un poto mira primeiro a imaxe do final do artigo

Cayetana Fitz-James Stuart, máis coñecida como Duquesa de Alba, chegou a un acordo coa revista “Todo Plantas” para posar “ensinando o poto” na portada do seu próximo número. Aínda que o poto da duquesa ten algunhas puntas arrugadas e de cor marronáceo -como é normal que pase neste tipo de espécimens trepadores de interior-, a revista comprometeuse a prescindir dos retoques fotográficos “para non defraudar aos amantes da xardinería”.A elección do poto da duquesa basouse, obviamente, na proxección pública da súa propietaria pero tamén no bo estado da vexetación, que “demostrou ter unha alta resistencia a periodos de sequía e só con breves rociados logrou crecer 40 centímetros nun ano”. É a primeira vez que un poto aparece na portada da publicación e o seu director, Luis Barquillo, quixo elexir para a ocasión “un poto espeso e nobre como o da duquesa”. Segundo Barquillo, “sabemos que hai máis potos na Casa de Alba pero queríamos ao máis Grande de España”.

Aínda que a portada en cuestión aínda non trascendeu, a noticia xa comezou a xerar controversia. “Eu quería ver o poto da raíña”, lamentábase unha lectora empedernida de “Todo Plantas”. Outros reivindican “o poto da rúa, o que calquera pode ulir e tocar sen necesidade de ter grandes sumas de diñeiro”. O director da revista lamenta “que se promova unha guerra ideolóxica tomando como excusa un tema tan bonito”. Remarca tamén que “o poto da duquesa non recibiu máis coidados polo feito de que súa propietaria sexa unha persoa rica. Para que un poto esté sán e lustroso basta con amor e cariño. E é incrible cómo foi trepando o seu”.

Non tivo nin un só parásito

Luis Barquillo asegura que o poto da duquesa “non tivo nin un só parásito”. é un feito excepcional, segundo contan os expertos, porque hasta o momento son moi poucos os membros da nobreza que puideron manter súa vexetación á marxe de especies parasitarias. “É un argumento máis para xustificar que o ensine a todo o mundo”, insiste Barquillo. A duquesa non quixo ofrecer declaracións aos medios. Ao parecer, está inmersa na posta a punto do poto de cara á sesión fotográfica.

Para quen non o saiba, un poto é isto :