Un erro cósmico impide ás pitonisas dar datos sobre os aries

AÍNDA NON SE RESTABLECEU A TOTALIDADE DO SERVIZO

Ás once e media do pasado domingo, un erro na aliñación de Marte con Mercurio e Xúpiter provocou a caída xeralizada do servizo de predición do horóscopo, afectando á totalidade dos aries tanto en Europa como en Estados Unidos. Nunhas horas, Mayra Oscureile, responsable do servizo en Latinoamérica, confirmaba oficialmente que a caída do servicio afectaba tamén a América do Sur: “Estamos ao tanto de que hai usuarios en Europa, Oriente Medio e África, India, Brasil, Chile e Arxentina que están experimentando retrasos nos servizos de predición. Estamos traballando para restablecer a normalidade do servicio. Pedimos disculpas por calquera inconvinte que isto puidera ocasionar”.

Aínda que as pitonisas europeas xa empezaron a recibir de novo algunhas pistas sobre o amor e o diñeiro, o tráfico de datos é moi lento e non é posible garantir a fiabilidade das informacións concernientes a este signo zodiacal. “Se teñen que tomar decisións importantes, recomendamos que esperen a que se recupere de todo o servizo”, declara Oscureile.

Máis de 24 horas despois dende a primera caída, os parapsicólogos xa detectaron o erro, aínda que non saben cando poderán resolverlo definitivamente. A súa explicación técnica do erro é a seguinte: o problema debeuse á saturación da enerxía cósmica no momento de aliñación planetaria e a un erro no conmutador Xi-Gorladias que tiña que derivar nese momento os datos a un arcano adicional o Bi-Jenoflexos. Ese problema xa está resolto, pero non súas consecuencias: o tapón producido polos milleiros de datos acumulados segue saturando a recepción de predicións.

Ninguén o veu vir

O erro a gran escala provocou a indignación dos usuarios, que critican a través das redes sociais que os adiviños non foran capaces de adiantarse aos acontecementos. Aínda que os expertos aseguran que a rede de predicións soporta altas esixencias técnicas xa que o tráfico vai cifrado para garantir a privacidade do cliente, unha pitonisa inglesa explicou a The Guardian que o sistema ten unha arquitectura anticuada e presenta problemas de escalabilidade. “Isto é un toque de atención. Ou renovamos a infraestructura de predición de datos ou nos expoñemos a erros de maior gravidade capaces de provocar o caos no mundo”, recoñecía Mayra Oscureile.