Informe HumorGz


Queríamos informar de que xa estamos traballando n@ nos@ superhéroe/heroína, que tamén o será de Galiza. Queremos que nos segas axudando neste proxecto, e que te animes a dar as túas ideas. En principio, imos crear a dous: o Home Berza e A Zenoura. O Home Berza será o superhéroe principal, xa que foi o gañador, pero estará acompañado da mellor muller da Galiza: A Zenoura, e do seu gran compañeiro, como todo superhéroe debe ter: O Repoliño.
Seguir lendo

Publicado en GaZ

Denuncian a desaparición dun adolescente que leva unha hora sen tuitear

O SEU ÚLTIMO TUIT, “UUUUFFFFFFFFFF #FESTAKA”, É DAS 12 DESTA MAÑÁ

A Garda Civil investiga a desaparición dun adolescente de 16 anos, veciño de Alcorcón (Madrid), tras comprobar que leva unha hora sen deixar mensaxes na súa conta de Twitter e no seu muro de Facebook. O menor foi visto por última vez na discoteca Noümeno, na que realizou deceas de fotografías que, para sorpresa dos seus amigos e familiares, aínda non comparteu nas redes sociais. As autoridades non descartan ningunha hipótesis e os pais temen que morrera porque, de encontrarse retido por uns secuestradores, “seguro que o habería tuiteado en directo”.
Seguir lendo

Publicado en GaZ

Abre un Kinder Sorpresa e encóntrase unha carta de despido

A SÚA EMPRESA DA POR VÁLIDO O DOCUMENTO

Andrea Lumumba, administrativa na refinería tinerfeña Paco’s, aproveitou esta mañá a súa pausa do almorzo para mercar unha chocolatina Kinder Sorpresa na máquina expendedora da empresa. Xa na súa mesa de traballo, Lumumba abreu a chocolatina e encontrouse nela unha carta de despido. “Pensaba que era unha broma, que aquilo non ía comigo, pero meu superior veume coa chocolatina e fíxome pasar ao seu despacho para agradecer a miña dedicación á empresa e desexarme o mellor” explica a afectada, aínda atónita. Seguir lendo

Publicado en GaZ

Rajoy podería fichar a Carles Puyol como ministro de Defensa

TERÍA QUE DEIXAR O FÚTBOL PERO SEGUIRÍA DEFENDENDO O CENTRO

Empezan a trascender as primeiras decisións do novo presidente do Goberno, Mariano Rajoy, na primeira xornada da súa sesión de investidura. Segundo confirmaron fontes do Partido Popular, Rajoy estaría pensando en Carles Puyol i Saforcada, actual xogador do Fútbol Club Barcelona, como ministro de Defensa. Aínda que súa experiencia en política é nula, hai poucos candidatos que superen súas aptitudes na posición de defensa central, habéndose enfrentado con notable éxito a decenas de equipos internacionais. Seguir lendo

Publicado en GaZ

A duquesa de Alba ensinará o poto na revista “Todo Plantas”

TEN ALGUNHAS PUNTAS SECAS “PERO NON HABERÁ PHOTOSHOP”
Se non sabes o que é un poto mira primeiro a imaxe do final do artigo

Cayetana Fitz-James Stuart, máis coñecida como Duquesa de Alba, chegou a un acordo coa revista “Todo Plantas” para posar “ensinando o poto” na portada do seu próximo número. Aínda que o poto da duquesa ten algunhas puntas arrugadas e de cor marronáceo -como é normal que pase neste tipo de espécimens trepadores de interior-, a revista comprometeuse a prescindir dos retoques fotográficos “para non defraudar aos amantes da xardinería”. Seguir lendo

Publicado en GaZ

Un erro cósmico impide ás pitonisas dar datos sobre os aries

AÍNDA NON SE RESTABLECEU A TOTALIDADE DO SERVIZO

Ás once e media do pasado domingo, un erro na aliñación de Marte con Mercurio e Xúpiter provocou a caída xeralizada do servizo de predición do horóscopo, afectando á totalidade dos aries tanto en Europa como en Estados Unidos. Nunhas horas, Mayra Oscureile, responsable do servizo en Latinoamérica, confirmaba oficialmente que a caída do servicio afectaba tamén a América do Sur: “Estamos ao tanto de que hai usuarios en Europa, Oriente Medio e África, India, Brasil, Chile e Arxentina que están experimentando retrasos nos servizos de predición. Estamos traballando para restablecer a normalidade do servicio. Pedimos disculpas por calquera inconvinte que isto puidera ocasionar”. Seguir lendo

Publicado en GaZ

Xesús terá o seu propio “Morning Show” na COPE

A COPE RENÓVASE “CON HUMOR E MOITO RITMO”

Xa é oficial: a COPE decidiu dar por concluida a etapa de “Así son las mañanas” da súa franxa matinal para substituír este espazo por “Levántate y anda”, un “Morning Show” que dirixirá o mesmo fillo de Deus e que pretende “levantar da cama a toda España para afrontar o día con bo humor”. Con este movemento, a cadea episcopal pretende abandoar a súa imaxe de información de rigor para afrontar a actualidade dende un punto de vista “máis tolo e desenfadado” cun programa despertador que ofrece “moita marcha, moito ritmo, moi bo humor e a mellor música nacional”, en palabras do propio Xesús. Seguir lendo

Publicado en GaZ