Cancións típicas galegas


Aquí expoñemos as máis típicas cancións. Ao ser unha das máis antigas culturas do planeta, enténdese que sempre poderán ir acompañadas do coñecido grito tribal galego “Lalaralalaralaaa”. Débese saber que Galiza inventou “a regeifa” que logo emigraría a América e sería traducida como Rap. Abaixo temos uns exemplos.

* “A miña casa non quero que veñas / sempre me fodes, nunca me empreñas”
: a cal remata co estribillo: “Sei que non podes,/ sei que non sabes,/ sei que perdiches/ as habilidades” ou “Sempre fodendo nunca preñando, telo carallo de contrabando”

Seguir lendo

Gastronomía galega

A cociña galega é moi elaborada. Algúns pratos típicos galegos son:

  • Caldo galego: verdura cocida con graxa rancia.
  • Cocido galego: carne e verdura cocidas.
  • Centollos: centollos cocidos.
  • Nécoras: nécoras cocidas.
  • Percebes: percebes cocidos.
  • Mexillóns, berberechos, e outros mariscos: Cóllese o molusco ou o marisco e cócese en auga fervendo.
  • Pescada cocida: prato típico do sur da Galiza, o cal nomean merlusa cosida. Consiste en cocer unha pescada como o propio nome indica. Seguir lendo