Estrea!!

Si amigos, estreamos novo apartado no noso blogue!

Dende oxe podedes acceder a un inventario clasificado de cada unha das nosas seccións.

Tan só debedes de clicar na pestaña “Seccións” na barra superior, e logo, seleccionar a categoría que desexedes ver. Alí teredes tódolos posts sobre o tema, ordenados por orde de publicación.

Top Ten: Cando @s nen@s actores/actrices crecen (I)

1. MACAULAY CULKIN
Durante un breve período a comezos da década dos 90, Macaulay Culkin foi o neno actor máis recoñecible de Hollywood. Sen embargo, coa súa entrada á adolescencia, o éxito obtido por clásicos como Solo en casa ou Mi chica foi remitindo, e Macaulay decidiu retirarse aos 14 anos. Dende entón, súas aparicións públicas reducíronse a breves cameos e papeis en films underground e esporádicas aparicións na prensa sensacionalista, que actualmente está especulando sobre súa posible adición ás drogas. Seguir lendo