Top Ten: Cando @s nen@s actores/actrices crecen (I)

1. MACAULAY CULKIN
Durante un breve período a comezos da década dos 90, Macaulay Culkin foi o neno actor máis recoñecible de Hollywood. Sen embargo, coa súa entrada á adolescencia, o éxito obtido por clásicos como Solo en casa ou Mi chica foi remitindo, e Macaulay decidiu retirarse aos 14 anos. Dende entón, súas aparicións públicas reducíronse a breves cameos e papeis en films underground e esporádicas aparicións na prensa sensacionalista, que actualmente está especulando sobre súa posible adición ás drogas. Seguir lendo

Abre un Kinder Sorpresa e encóntrase unha carta de despido

A SÚA EMPRESA DA POR VÁLIDO O DOCUMENTO

Andrea Lumumba, administrativa na refinería tinerfeña Paco’s, aproveitou esta mañá a súa pausa do almorzo para mercar unha chocolatina Kinder Sorpresa na máquina expendedora da empresa. Xa na súa mesa de traballo, Lumumba abreu a chocolatina e encontrouse nela unha carta de despido. “Pensaba que era unha broma, que aquilo non ía comigo, pero meu superior veume coa chocolatina e fíxome pasar ao seu despacho para agradecer a miña dedicación á empresa e desexarme o mellor” explica a afectada, aínda atónita. Seguir lendo

Publicado en GaZ

Rajoy podería fichar a Carles Puyol como ministro de Defensa

TERÍA QUE DEIXAR O FÚTBOL PERO SEGUIRÍA DEFENDENDO O CENTRO

Empezan a trascender as primeiras decisións do novo presidente do Goberno, Mariano Rajoy, na primeira xornada da súa sesión de investidura. Segundo confirmaron fontes do Partido Popular, Rajoy estaría pensando en Carles Puyol i Saforcada, actual xogador do Fútbol Club Barcelona, como ministro de Defensa. Aínda que súa experiencia en política é nula, hai poucos candidatos que superen súas aptitudes na posición de defensa central, habéndose enfrentado con notable éxito a decenas de equipos internacionais. Seguir lendo

Publicado en GaZ

A duquesa de Alba ensinará o poto na revista “Todo Plantas”

TEN ALGUNHAS PUNTAS SECAS “PERO NON HABERÁ PHOTOSHOP”
Se non sabes o que é un poto mira primeiro a imaxe do final do artigo

Cayetana Fitz-James Stuart, máis coñecida como Duquesa de Alba, chegou a un acordo coa revista “Todo Plantas” para posar “ensinando o poto” na portada do seu próximo número. Aínda que o poto da duquesa ten algunhas puntas arrugadas e de cor marronáceo -como é normal que pase neste tipo de espécimens trepadores de interior-, a revista comprometeuse a prescindir dos retoques fotográficos “para non defraudar aos amantes da xardinería”. Seguir lendo

Publicado en GaZ

Un erro cósmico impide ás pitonisas dar datos sobre os aries

AÍNDA NON SE RESTABLECEU A TOTALIDADE DO SERVIZO

Ás once e media do pasado domingo, un erro na aliñación de Marte con Mercurio e Xúpiter provocou a caída xeralizada do servizo de predición do horóscopo, afectando á totalidade dos aries tanto en Europa como en Estados Unidos. Nunhas horas, Mayra Oscureile, responsable do servizo en Latinoamérica, confirmaba oficialmente que a caída do servicio afectaba tamén a América do Sur: “Estamos ao tanto de que hai usuarios en Europa, Oriente Medio e África, India, Brasil, Chile e Arxentina que están experimentando retrasos nos servizos de predición. Estamos traballando para restablecer a normalidade do servicio. Pedimos disculpas por calquera inconvinte que isto puidera ocasionar”. Seguir lendo

Publicado en GaZ

Gogue tamén terá o seu oco

Esta viñeta do debuxante e deseñador Gogue será a primeira de orixe e elaboración directa en galego.

Gogue, nado en O Grove, é recoñecido no país maioritariamente pola súa persoaxe máis famosa, Floreano.

Cunha viñeta del vos deixamos!

Clica para aumentar